💓ATA SEMPRE...
Chegou o día de poñer punto e final a esta etapa ... Cantas lembranzas se me veñen á cabeza durante estes case nove meses e medio... Moitas! Que sorte a miña poder compartir tantos e tantos momentos ao voso carón. Acompañarvos nesta "viaxe" foi un regalo que xamais esquecerei.
Agora unha nova etapa está por chegar e con ela unha morea de inquedanzas e vivencias por compartir. É momento de partir, de voar...
Deixades o cole baleiro, pero os corazóns de todos/as os que formamos parte desta "viaxe" repletos de ledicia, sorrisos e por que non dicilo algunha que outra bágoa.
Para min, persoalmente, foi un ano moi moi especial. Porque Seixalbo foi, é e será sempre o meu cole. Porque eu hai 21 anos marchei como alumna e este curso voltei como mestra, a profesión máis bonita do mundo.
Foi moi diferente e moi duro o que nos tocou vivir este curso. Pero co voso esforzo, a vosa ilusión e o voso traballo conseguistes acadar os vosos soños. NORABOA!
Lembrade todos e cada un dos consellos dados na nosa aula e escoitade ás vosas familias cada día. Elas terán sempre as palabras correctas no momento adecuado.
Grazas por facerme tan fácil o difícil e tan bonito o menos agradable. Grazas por cada sorriso, por cada mirada, por cada aperta, por cada bico...
Sabedes que sempre me teredes para todo o que necesitedes porque xa formades parte da miña historia persoal.
Aquí vos deixo un vídeo a modo de despedida con algúns dos mellores momentos vividos. Espero que vos guste.
E lembrade...
" Só co corazón se pode ver ben. O esencial é invisible aos ollos"
(O Principiño)
QUÉREVOS...
A vosa profe Noe
No hay comentarios:
Publicar un comentario