viernes, 3 de julio de 2020


💓ATA SEMPRE...

Chegou o día de poñer punto e final a esta etapa ... Cantas lembranzas se me veñen á cabeza durante estes case nove meses e medio... Moitas! Que sorte a miña poder compartir tantos e tantos momentos ao voso carón. Acompañarvos nesta "viaxe" foi un regalo que xamais esquecerei. 

Agora unha nova etapa está por chegar e con ela unha morea de inquedanzas e vivencias por compartir. É momento de partir, de voar...

Deixades o cole baleiro, pero os corazóns de todos/as os que formamos parte desta "viaxe" repletos de ledicia, sorrisos e por que non dicilo  algunha que outra bágoa. 

Para min, persoalmente, foi un ano moi moi especial. Porque Seixalbo foi, é e será sempre o meu cole. Porque eu hai 21 anos marchei  como alumna e este curso voltei como mestra, a profesión máis bonita do mundo.

Foi moi diferente e moi duro o que nos tocou vivir este curso. Pero co voso esforzo, a vosa ilusión e o voso traballo conseguistes acadar os vosos soños. NORABOA!


Lembrade todos e cada un dos consellos dados na nosa aula e escoitade ás vosas familias cada día. Elas terán sempre as palabras correctas no momento adecuado.

Grazas por facerme tan fácil o difícil e tan bonito o menos agradable. Grazas por cada sorriso, por cada mirada, por cada aperta, por cada bico...

Sabedes que sempre me teredes para todo o que necesitedes porque xa formades parte da miña historia persoal.

Aquí vos deixo un vídeo a modo de despedida con algúns dos mellores momentos vividos. Espero que vos guste. 

E lembrade...

" Só co corazón se pode ver ben. O esencial é invisible aos ollos"
(O Principiño)


QUÉREVOS...


A vosa profe Noe


sábado, 27 de junio de 2020



💻TRABALLO DE INVESTIGACIÓN📁

Durante as últimas semanas de curso levamos a cabo unha tarefa baseada na metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) en Ciencias Sociais; buscamos, selecionamos e redatamos información sobre os países da Unión Europea. Finalmente revisamos o texto resultante e démoslle formato a ese primeiro borrador. Algúns compañeiros decidiron presentalo en formato dixital e outros en formato papel.

Estes foron algúns dos traballos recibidos!

Noraboa a todos e a todas polo gran esforzo realizado ao longo destes meses😉







jueves, 18 de junio de 2020

💡A MATERIA📝

Durante estes meses eguimos aprendendo dende as nosas casas. E non hai mellor método de aprendizaxe que comprobar coas nosas propias mans todos aqueles aspectos estudados sobre a materia. As súas propiedades, como a densidade, a masa, o volume; as mesturas heteroxéneas e homoxéneas e os métodos de separación das mesmas...

Deixámosvos por aquí, algúns experimentos que fixemos. Esperamos que vos gusten!

Un bico compañeiros e compañeiras!



https://view.genial.ly/5eeb8a87b3f54e0db7af77d1/ interactive-content-experimentando-coa-materia

viernes, 5 de junio de 2020


🌳🌊DÍA DO MEDIO AMBIENTE🌊🌳

Hoxe 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Por iso, queremos compartir con todos e todas vós unha mensaxe que xa transmitimos alá polo mes de decembro a prol da defensa do noso medio. 
No proxecto do noso cole este ano traballamos durante o curso diferentes aspectos para "Salvar o noso globo". 
Os nenos e nenas de 6ºA quixemos aportar esta actuación en defensa do noso planeta Terra.

Para que todos os días sexan os días do medio ambiente...

🌍SALVEMOS O GLOBO🌍




martes, 5 de mayo de 2020

🌹DÍA DO LIBRO📘

O pasado día 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro. Os alumnos e alumnas de 6ºA, aínda que, estamos nas nosas casas non nos esquecemos desta data tan importante. Algúns de nós fixemos estes traballos que a continuación vos mostramos.
Para conmemorar este día, o noso compañeiro 👨Abel elaborou un conto "Guille, el caballero bondadoso" .

Por outra banda, Nerea 👩 fainos unha recomendación lectora moi, moi orixinal. Atentos!😉


Invitámosvos a seguir disfrutando da lectura desde as vosas 🏠, para que todos os días sexan o día do libro nos vosos fogares.

🙆Un bico e unha aperta grande!

miércoles, 29 de abril de 2020


📚Taller Artístico con LEANDRO LAMAS

Hai uns días, algúns dos alumnos e alumnas de 6ºA participaron desde as súas casas no taller en liña do pintor, ilustrador, actor e director teatral galego Leandro Lamas. Unha experiencia fascinante coa que quedaron encantados/as. 

 VELAQUÍ OS RESULTADOS!
     


martes, 21 de abril de 2020

👩💙OS NOSOS HEROES💛👦

Esta entrada vai adicada a todos vós. Grazas aos que colaborastes dando ideas sobre que podemos facer estes días de confinamento. 
Un bico e unha aperta para tod@s!E lembrade...


VÉMONOS!